Compra os teus bilhetes
Venda online encerrada.
Para mais informação pergunta ao organizador do evento.
Os dados do organizador estão no apartado "Organizado por".
Descrição do evento
Unha historia que nunca é só unha.
Inés medra, ama, sobrevive, e silencia. As voces que a rodean reconstrúen, entre ausencias e inaccións, un relato marcado pola violencia psicolóxica e o silencio social.
O escenario énchese de voces que semellan ecos afastados, ignorantes da dor real que se agocha entre catro paredes.
Mentres o sufrimento de Inés se vai acumulando, a súa vida semella condenada a un destino silenciado.
O desenlace é o resultado dun cúmulo de indiferencia, normalización e esquecemento, onde ninguén se atreve a intervir nin a cuestionar o que está a acontecer.
(Duración aproximada 1h 10min).
* Obra para maiores de 16 anos.
* Venda de entradas en taquilla o día do evento: 6€
Política de acesso